SERVIZOS SOCIAIS

Os servizos sociais municipais son un conxunto de programas, prestacións e accións orientadas a potenciar o benestar social da poboación.

Poden acudir a este servizo todas as persoas que queiran obter información sobre os recursos sociais ou solicitar algunha prestación.

Avenida da Paz,2

Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00

Teléfono/fax: 981420059

Email: servizossociais@concellodecarino.com

Cadro de persoal:

  • 2 traballadoras sociais.
  • 1 educadora familiar.
  • 1 auxiliar administrativo.
  • 22 auxiliares de axuda no fogar.

Os Programas que se levan a cabo son os seguintes:

Programa de información e orientación.

Ofrecemos información ás veciñas e veciños de Cariño sobre os dereitos e recursos sociais existentes, facilitando a realización dos trámites necesarios para acadalos.

Procedemos á valoración e diagnóstico das demandas recibidas, así como a súa derivación aos servizos sociais especializados cando é necesario.

As áreas de actuacións son as seguintes:

  • Familia, infancia e xuventude.
  • Persoas dependentes.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en risco de exclusión social.

As demandas máis solicitadas son:

  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.
  • Axuda no fogar.
  • Teleasistencia domiciliaria.
  • Emerxencia social.
  • Programa de prestación por fillo (menor de 3 anos) a cargo.
  • Título de familia numerosa.
  • Pensión non contributiva de xubilación e invalidez.
  • Programa de respiro familiar.
  • Estadías temporais.
  • Programa Nadal entre amigos.
  • Ingresos en residencias para a terceira idade.
  • Programa de vacacións para maiores do IMSERSO.
  • Programa de turismo social da XUNTA.
  • Programa de termalismo do IMSERSO.
  • Recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Acollemento familiar.
  • Tratamento de drogodependencias en comunidades terapéuticas.
  • Solicitude de prestación sanitaria.(reintegro de viaxes).
  • Solicitude de bono social (telefónico e eléctrico).
  • Axuda económica a través da tarxeta benvida.

 

Programa de apoio á unidade familiar

  • Proxecto de educación familiar.

Con este programa trátase de intervir naquelas familias que presentan unha problemática de tipo social e persoal, tratando de mellorar as relacións dentro do grupo familiar.

As características propias das familias implicadas neste programa fai que a formación se centre nas seguintes áreas:

  • Formación pais/nais-fillos/fillas.
  • Adquisición de hábitos básicos tanto hixiénicos como alimenticios.
  • Educación para a saúde, centrada na adquisición de habilidades para o coidado e atención das persoas maiores.
  • Problemas de alcoholismo.
  • Mellora da convivencia familiar.
  • Servizo de axuda no fogar.

Este programa vai dirixido á veciñanza de Cariño que presente limitacións de autonomía persoal e consiste en prestar unha serie de atencións e coidados ás persoas co fin de que poidan permanecer no seu fogar o maior tempo posible.

O Concello conta con 17 auxiliares de axuda no fogar que atenden a persoas usuarias que acceden ao servizo a través da “Lei de dependencia” e outras 5 auxiliares que atenden a persoas usuarias que acceden ao servizo a través da “Prestación básica”, de competencia exclusivamente municipal.

  • Servizo de teleasistencia.

É un servizo dirixido ás persoas maiores que viven soas cuxo fin é dar unha resposta inmediata ante situacións de emerxencia as 24 horas do día todos os días do ano proporcionándolles tranquilidade e seguridade no seu fogar.

A persoa usuaria, a través dunha terminal conectada á súa rede telefónica e que se acciona apertando un botón da pulseira ou colgante que leva consigo, poderá conectarse directamente cunha central de atención onde atenderán a súa situación de alarma.

 

Programa de aloxamento alternativo.

Esta prestación supón unha alternativa para as persoas que carecen de ambiente familiar adecuado.

Programa de prevención e inserción social.

Este programa consiste nunha serie de prestacións destinadas a previr a marxinación e as súas causas. Con este obxectivo desenvolvéronse unha serie de prestacións:

  • Campañas de prevención do alcohol e outras sustancias tóxicas (no IES de Cariño).
  • Colaboración co Programa de inclusión social da Xunta.
  • Axudas de Renda de inserción social (RISGA).
  • Axudas de Emerxencia social (Municipais e da Xunta).
  • Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
  • Información e tramitación nos procesos de incapacidade legal.
  • Información ás familias para evitar e paliar os desafiuzamentos hipotecarios ou por débedas derivadas da vivenda.

Programa de emerxencia social – Prestacións económicas.

O Concello de Cariño conta cunha Ordenanza municipal de emerxencia social desde abril de 2016.

Polo departamento de servizos sociais acoden un número considerable de persoas con demandas referidas a situacións de emerxencia social:

  • Familias con escasos recursos económicos que pasan por unha situación crítica provocada por enfermidade, falta de emprego, etc.
  • Axudas a familias en risco de exclusión social..