Qué ver
Miradoiro A Miranda
Por qué visitar o miradoiro A Miranda?
O Miradoiro A Miranda, situado no cumio do Monte A Miranda, na parroquia de Landoi, a case 500 metros de altitude. A súa panorámica de 360º permite contemplar a ría de Cariño-Ortigueira, xunto coas serras da Capelada, Faladoira e Coriscada, o porto de Espasante, Ortigueira e a Punta de Estaca de Bares: o punto máis septentrional da Península.
Ademais do valor paisaxístico, destaca o seu interese xeolóxico. Forma parte do Complexo do Cabo Ortegal, e conta cun gran afloramento de ecloxitas – rochas metamórficas -, sendo unha das maiores concentracións da Península. Estas rochas dun ton azul verdoso fan da área un lugar único dentro do Xeoparque Cabo Ortegal.
Ruta recomendada
Unha das mellores formas de coñecer a área é realizando unha ruta duns 25 kms pola Serra da Capelada. Pódese realizar en coche e parte da vila de Cariño en dirección norte cara o faro de Cabo Ortegal, desde onde o camiño continúa cara o suroeste en dirección a San Andrés de Teixido e Cedeira, onde remata. Atravesanda a serra pódense visitar, xunto co Miradoiro da Miranda, outros puntos de observación como o Faro de Cabo Ortegal, Vixía de Herbeira ou o miradoiro dos Carrís.
