TURISMO
Rutas
Descobre as rutas dispoñibles no noso perfil de Wikiloc
Rutas a pé
NA CONSERVA DA MEMORIA
Ruta de dificultade baixa, de 2 horas aproximadas de duración.O percorrido deste ruta urbana está feito para a visita de algúns puntos de interese concretos do casco vello da vila de Cedeira.Esta ruta circular pode facerse en ambos sentidos partindo da casa do Concello de Cariño cara ao norte e dirección á Punta do Castro, e cara ao sur polo paseo marítimo da baia da Concha.
MIRADOIRO DA MALVEIRA (EN CABO ORTEGAL) – MIRADOR DA MIRANDA OU MIRADOR DE VIXÍA DE HERBEIRA
Ruta liñal de dificultade media-alta, de 3 horas de duración (só ida).Existe a posibilidade de continuar desde Vixía de Herbeira ata S. André de Teixido.Entronca coa ruta 1 Cariño-Cabo Ortegal á altura do miradoiro da Malveira.
CARIÑO – CABO ORTEGAL
Ruta de dificultade media, de 2:30h de duración (ida e volta).Existe a posibilidade de ampliar a ruta unha hora máis desde o miradoiro da Malveira facendo unha ruta circular con final no miradoiro de Punta Gabeira.Pódese facer unicamente o tramo entre o miradoiro de Punta Gabeira e a capela de S.Xiao, de dificultade baixa e 1h de duración (ida e volta).