Axenda: Evento
Timba feminista co xogo feminismos no tempo
O xoves 19 de novembro, o Concello de Cariño acollerá unha Timba feminista co xogo “Feminismos no Tempo”, que se celebrará no Local Social da Casa do Concello ás 17:30 h.
Trátase dunha actividade participativa na que as persoas asistentes poderán situar distintos acontecementos do movemento feminista ao longo da historia, favorecendo o coñecemento e a reflexión colectiva.
Actividade publicada o

Outras novas
Deportes
SUBVENCIÓN TÉCNICO DEPORTIVO 2025
A Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa FO106 de Subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de Persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, concedeulle ao Concello de Cariño, unha subvención de 15.000 € , que supón o 39,97 % do gasto realizado.