Qué ver

Casco antigo mariñeiro

Por qué visitar o casco antigo de Cariño?

A zona histórica da vila de Cariño está conformada por un conxunto singular de vivendas mariñeiras construidas hai máis dun século polos propietarios da rica industria de conservas de pescados e salgadura. Vivendas que chaman a atención na Avenida da Constitución, xa que onservan o seu encanto tradicional con cores vivas, balcóns ou galerías de madeira cheas de xeranios. Situada nunha pequena península que se adentra na ría, entre a praia da Concha, o porto e os cantís, este barrio histórico invita a perderse nas súas rúas con paradas tan sigulares como a da Igrexa Neogótica de San Bartolomeu, construida a comezos do século XX, cuxo campanario destaca sobre a vila.

Actividades, visitas e rutas polas súas rúas

Percorrer o casco antigo de Cariño é unha forma máis de mergullarse na tradición mariñeira da vila. Desde a Oficina de Turismo recomendan incorporar na parada en Cariño visitas como a da Fábrica de Conservas La Pureza e Conservas Amieiro, a da Cetárea A Balandra situada no porto ou achegarse ao traballo das redeiras na lonxa – visitas guiadas suxeitas a previa cita, dispoñibilidade e mínimo de persoas a consultar en función da actividade.

Unha vila mariñeira e gastronómica

O barrio mariñeiro fusiónase coa tradición gastronómica ofrecendo produtos locais procedente da lonxa como pescados ou mariscos ou carne de tenreira criada en liberdade, xunto con produtos de proximidade. O mercado local que ten lugar cada venres é unha oportunidad única para poder obter os produtos frescos da man de comerciantes locais e da contorna do Ortegal.

Máis información

Outras lugares que ver

Ficha-Cabo-2

Cabo Ortegal

Ficha-Miradores_Herbeira

Cantís de Herbeira

Ficha-Miradores_A-Miranda

Miradoiro A Miranda

Ficha_O-Peiral-1

O Peiral do Campo

Ficha-Praia-de-Fornos

Praia de Fornos

Recurso-2

Ruta dos miradoiros 

Ficha-San-Xiao-do-Trebo

San Xiao do Trebo