CONCELLO

Saúda Alcaldesa

Queridos veciños e veciñas, e tamén a todas as persoas que se achegan a coñecer o noso Concello:

É para min unha honra, como Alcaldesa de Cariño, darvos a benvida á nosa páxina web, unha ferramenta que queremos que sexa útil, accesible e próxima, como é tamén a nosa forma de entender o servizo público.

Cariño é moito máis que un nome fermoso: é identidade, tradición, esforzo e orgullo compartido. Un lugar privilexiado entre o mar e a montaña, cunha paisaxe natural única, un pasado mariñeiro que nos define, e un presente no que traballamos día a día por un futuro mellor para todas e todos.

Desde o Concello, temos un firme compromiso co crecemento sostible da vila, co benestar das nosas veciñas e veciños e coa prosperidade común. Traballamos con ilusión, escoitando, acompañando e impulsando iniciativas que fagan de Cariño un lugar aínda máis acolledor, dinámico e cheo de oportunidades.

Tamén queremos abrir os brazos a quen nos visita. Cariño é unha terra que deixa pegada: pola súa contorna, pola súa cultura, pola súa gastronomía… pero sobre todo pola hospitalidade da súa xente. Aquí, todas e todos sodes benvidos.

Agardo que esta canle dixital sirva como ponte de comunicación fluída entre o Concello e a veciñanza, e tamén como escaparate do que somos e do que aspiramos a ser.

Recibide un afectuoso saúdo,

Ana María López Fernández
 Alcaldesa de Cariño

Saluda de la Alcaldesa

Queridos vecinos y vecinas, y también a todas las personas que se acercan a conocer nuestro ayuntamiento:

Es para mí un honor, como Alcaldesa de Cariño, daros la bienvenida a nuestra página web, una herramienta que queremos que sea útil, accesible y próxima, como es también nuestra forma de entender el servicio público.

Cariño es mucho más que un nombre bonito: es identidad, tradición, esfuerzo y orgullo compartido. Un lugar privilegiado entre el mar y la montaña, con un paisaje natural único, un pasado marinero que nos define, y un presente en el que trabajamos día a día por un futuro mejor para todas y todos.

Desde el Ayuntamiento, tenemos un firme compromiso con el crecimiento sostenible de la villa, con el bienestar de nuestras vecinas y vecinos y con la prosperidad común. Trabajamos con ilusión, escuchando, acompañando e impulsando iniciativas que hagan de Cariño un lugar aún más acogedor, dinámico y lleno de oportunidades.

También queremos abrir los brazos a quien nos visita. Cariño es una tierra que deja huella: por su entorno, por su cultura, por su gastronomía… pero sobre todo por la hospitalidad de su gente. Aquí, todas y todos sois bienvenidos.

Espero que este canal digital sirva como puente de comunicación fluida entre el Ayuntamiento y el vecindario, y también como escaparate de lo que somos y de lo que aspiramos a ser.

Recibid un afectuoso saludo,

Ana María López Fernández
 Alcaldesa de Cariño