Qué ver
San Xiao do Trebo
Por qué visitar San Xiao do Trebo?
A ermida de San Xiao do Trebo, construída sobre un antigo asentamento romano, é o núcleo dunha tradición centenaria que se celebra o último sábado de xaneiro, cando veciños e visitantes percorren a senda desde Cariño para honrar ao santo.
O camiño ata a ermida, coñecido como Senda de San Xiao, é un percorrido sinalizado e acondicionado, con tramos de sendeiro paralelo á costa. Desde a ermida, o percorrido continúa cara á estrada que leva ao Faro do Cabo Ortegal, pasando por senderos entre eucaliptos e helechos, e ofrecendo vistas do espectacular conxunto rochoso dos Tres Aguillóns.
A capela e o seu contorno non só teñen valor paisaxístico senón tamén histórico e cultural. Ademais, a tradición oral e as lendas locais contan a historia de Xiao, un cazador que, tras unha traxedia familiar, acabou converténdose en santo.
A romería de San Xiao realízase o último sábado de xaneiro, e inicia a tempada de Entroido na localidade, con tradicións como a degustación das chaolas, postre típico cariñés.
Ruta recomendada: Cariño - San Xiao do Trebo - Cabo Ortegal
Trátase dunha ruta lineal de 4,5 km de lonxitude (só ida), cunha dificultade media e unha duración aproximada de hora e media. O percorrido comeza diante da Casa do Concello de Cariño e remata no Cabo Ortegal. A ruta percorre a costa con fermosas vistas, atravesa o casco vello ata o coñecido como Camiño Vello de San Xiao, un sendeiro con vexetación en galería de gran beleza, que leva á Capela de San Xiao de Trebo, para logo continuar polo camiño que conduce directamente ata o cabo e os seus Aguillóns.
