Qué ver

Cabo Ortegal

Por que visitar o Cabo Ortegal

O Cabo Ortegal, é un enclave único pola súa extraordinaria riqueza xeolóxica e natural, recoñecido como lugar de interese internacional. Forma parte da Rede Natura 2000, a maior rede europea de espazos naturais protexidos, e inclúese na Zona de Especial Protección dos Valores Naturais da Costa Ártabra. A súa paisaxe, onde se combinan cantís, formacións rochosas singulares, flora autóctona e gran variedad de aves mariñas, converten este rincón nun dos principais atractivos turísticos da comarca.

Unha viaxe de 340 millóns de anos

A orixe do Complexo do Cabo Ortegal remóntase á Oroxenia Varisca, hai uns 340 millóns de anos, cando os continentes Laurentia e Gandwana colisionaron. Esta unión provocou a desaparición dun antigo océano e a formación do supercontinente Panxea. O resultado foi a creación da Cordilleira Varisca, da que Ortegal conserva un dos conxuntos xeolóxicos máis espectaculares de Europa.

Natureza e paisaxe

O atractivo do cabo non se limita á súa xeoloxía. Os cantís atlánticos están cubertos por especies vexetais adaptadas á dureza do medio que aportan un valor botánico á contorna. A área é un santuario de aves mariñas. Nos seus ceos e rochas é posible observar o paíño común, la pardela cenicienta, el cormorán moñudo o el alcatraz atlántico, entre outras especies.

Máis información

Outras lugares que ver

Ficha-Miradores_Herbeira

Cantís de Herbeira

Ficha-Casco-Mariñeiro-1

Casco antigo mariñeiro

Ficha-Miradores_A-Miranda

Miradoiro A Miranda

Ficha_O-Peiral-1

O Peiral do Campo

Ficha-Praia-de-Fornos

Praia de Fornos

Recurso-2

Ruta dos miradoiros 

Ficha-San-Xiao-do-Trebo

San Xiao do Trebo