CONCELLO

Goberno municipal

O Concello de Cariño é un dos máis novos de Galicia, logo da súa aprobación no ano 1988 no que significou, naquel intre, a primeira segregación municipal na Galicia de posguerra.

O longo proceso segregacionista comezara moito tempo atrás, no século XVI, e sempre baixo a xustificación do esquecemento que para co pobo tiñan os adminsitardores de Ortigueira. Pero foi en 1982, coa chegada do actual sistema democrático, cando se retoma un proceso de segregación que dura seis anos ata que o 21 de xaneiro de 1988 apróbase a creación do Concello de Cariño.

Na actualidade, e logo das eleccións municipais que tiveron lugar en maio de 2023, a organización política do Concello quedou da seguinte forma:

Ana María López Fernández é a Alcaldesa de Cariño.

Ademáis, ostenta as concellerías de Benestar Social,  Facenda, Desenvolvemento Local e empresarial e Mar, así como aquelas competencias, propias da Alcaldía, que non estean atribuídas a outro membro da Corporación.

          alcaldia@concellodecarino.gal

Alberto Balado Ramonde  é o 1º tenente de alcalde e concelleiro Delegado da área de Urbanismo, Obras, Seguridade Cidadá, Medio Ambiente, Mercado e Medio Rural.

Andrés Manuel Balado Noal é o 2º tenente de alcalde e o concelleiro Delegado da área de Cultura, Turismo, Educación, Igualdade, Deporte, Xuventude, Festexos e Comercio.

Miriam Rodriguez Fernández é a 3ª tenente de alcalde.

Xunta de Goberno Local

A Alcaldesa e a tenente de Alcalde integran a Xunta de Goberno Local, que se reúne de forma ordinaria o primeiro e terceiro martes de mes ás 08.00 horas na Casa do Concello.