Qué ver
Cantís de Herbeira
Por qué visitar os Cantís de Herbeira?
Situados na Serra da Capelada, os Cantís de Herbeira son os máis altos da Europa continental e costeira, cunha pendente media do 80%. O seu punto máis elevado, o Miradoiro da Vixía Herbeira, alcanza máis de 615 metros de altura, sendo o teito da serra de A Capelada. Nesta cima consérvanse os restos dunha garita de pedra de 1805, construída como punto de vixilancia da costa.
Desde aquí pódense gozar de espectaculares vistas da costa norte galega, a costa ártabra, nun tramo aberto ao Atlántico que vai desde o Cabo Ortegal ata San Andrés de Teixido. Aquí poderás vivir experiencias únicas: navegar entre o Cantábrico e o Atlántico, observar aves migratorias, cabalos no seu hábitat natural ou contemplar o océano.
Un enclave natural protexido
A altura que acadan os cantís, levou á Unión Europea a incluír a zona na Rede Natura 2000, dentro do Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) “Costa Ártabra”, garantindo a preservación da súa extraordinaria biodiversidade. Un lugar ideal para observar impresionantes vistas desde as alturas.
Como chegar?
O acceso realízase principalmente pola carretera DP-2205, que conecta Cariño e Cedeira. Este tramo, coñecido como a “Ruta dos Miradoiros”, permite deterse en varios puntos de observación e contemplar a magnitude dos cantís. Un dos miradoiros máis emblemáticos é o Miradoiro da Garita de Herbeira.
