Ruta A pé

CARIÑO – CABO ORTEGAL

Ruta de dificultade media, de 2:30h de duración (ida e volta) seguindo un itinerario lineal cara o Norte desde a Casa do Concello, pola rúa S. Bartolomeu ou Real, miradoiro do Pósito, rúa do Campo, Cemiterio de Cariño, miradoiro de Punta Gabeira, Camiño Vello de San Xiao, capela de S. Xiao, Fonte de S. Xiao, miradoiro da Malveira e Faro de Cabo Ortegal.

Existe a posibilidade de ampliar a ruta unha hora máis desde o miradoiro da Malveira facendo unha ruta circular con final no miradoiro de Punta Gabeira a través do Monte Faroleiro e da aldea da Vacariza.

Pódese facer unicamente o tramo entre o miradoiro de Punta Gabeira ( a 1 km de Cariño ) e a capela de S.Xiao (Camiño Vello) , de dificultade baixa e 1h de duración (ida e volta), máis adaptado a camiñantes menos experimentados.

Entronca coa ruta 3 Mirador da Malveira- Vixía Herbeira / Mirador da Miranda, desde o mirador da Malveira (acceso a Cabo Ortegal). 

  • Punto inicial: Casa do Concello (Avenida da Paz 2, Cariño), GPS 43.740269, -7.868592.
  • Punto final: Faro de Cabo Ortegal, GPS 43.770986, -7.869743.
  • Tipo de ruta: liñal autoguiada.
  • Dicultade: media-baixa.
  • Duración: 2h30, ida e volta.

Outras rutas A pé

Ruta_litoral_Madeira

MADEIRA DE MARIÑEIROS

Ruta de dificultade media de unhas 3 horas de duración. O litoral das parroquias de Feás, Landoi e Sismundi é o protagonista desta ruta circular. Patrimonio natural e cultural con panorámica de parte da ría de Ortigueira, xoia ambiental figuras de protección ambiental.
Ruta_urbana_Na_Conserva_da_Memoria

NA CONSERVA DA MEMORIA

Ruta de dificultade baixa, de 2 horas aproximadas de duración.O percorrido deste ruta urbana está feito para a visita de algúns puntos de interese concretos do casco vello da vila de Cedeira.Esta ruta circular pode facerse en ambos sentidos partindo da casa do Concello de Cariño cara ao norte e dirección á Punta do Castro, e cara ao sur polo paseo marítimo da baia da Concha.
06_Miradoiro_Herbeira_01

MIRADOIRO DA MALVEIRA (EN CABO ORTEGAL) – MIRADOR DA MIRANDA OU MIRADOR DE VIXÍA DE HERBEIRA

Ruta liñal de dificultade media-alta, de 3 horas de duración (só ida).Existe a posibilidade de continuar desde Vixía de Herbeira ata S. André de Teixido.Entronca coa ruta 1 Cariño-Cabo Ortegal á altura do miradoiro da Malveira.
05_Ruta_Pe_Carino_Figueiroa_IMG_1269_600px

CARIÑO – FIGUEIROA

Ruta de baixa dificultade, de 1:30 de duración (ida e volta).Itinerario circular ao redor do Monte Masanteo, con saída da Casa do Concello cara o Sur polo paseo marítimo rodeando a baía da Concha.Pódese facer á inversa desde o cemiterio.
04_Carino_Cabo_Ortegal_02

CARIÑO – CABO ORTEGAL

Ruta de dificultade media, de 2:30h de duración (ida e volta).Existe a posibilidade de ampliar a ruta unha hora máis desde o miradoiro da Malveira facendo unha ruta circular con final no miradoiro de Punta Gabeira.Pódese facer unicamente o tramo entre o miradoiro de Punta Gabeira e a capela de S.Xiao, de dificultade baixa e 1h de duración (ida e volta).