ACTUALIDADE
Deportes
Cariño aproba o POS+ 2026 por máis de 417.000 euros para gasto corrente e a mellora do campo de fútbol municipal
O Pleno do Concello de Cariño aprobou o pasado xoves, 5 de febreiro, o POS+ 2026 da Deputación da Coruña, que contará cun orzamento total de 417.676,83 euros, destinados tanto a gasto corrente como a unha importante actuación de mellora no Estadio Municipal de Fútbol de Cariño.
Cultura
Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a súa festa do Entroido
O Concello de Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a celebración do Entroido, unha das citas festivas máis agardadas do municipio, que contará cunha variada programación pensada para todos os públicos. Este ano, o Entroido municipal dará comezo o 14 de febreiro e estenderase ata o día 17.
Emprego
O Concello de Cariño aclara a situación da Relación de Postos de Traballo e reitera a súa disposición ao diálogo
O Concello de Cariño, ante as diversas informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, considera necesario realizar unha aclaración co obxectivo de ofrecer unha información ordenada, rigorosa e transparente.
Servizos sociais
O Concello de Cariño continúa co seu compromiso co coidado integral da súa veciñanza tras unha visita técnica ao centro de día da localidade
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, visitou este venres o centro de día da localidade acompañada dun técnico da Xunta de Galicia e do arquitecto David Novo, encargados