SUBVENCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS 2025Descarga
Cariño aproba o POS+ 2026 por máis de 417.000 euros para gasto corrente e a mellora do campo de fútbol municipal
O Pleno do Concello de Cariño aprobou o pasado xoves, 5 de febreiro, o POS+ 2026 da Deputación da Coruña, que contará cun orzamento total de 417.676,83 euros, destinados tanto a gasto corrente como a unha importante actuación de mellora no Estadio Municipal de Fútbol de Cariño.
Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a súa festa do Entroido
O Concello de Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a celebración do Entroido, unha das citas festivas máis agardadas do municipio, que contará cunha variada programación pensada para todos os públicos. Este ano, o Entroido municipal dará comezo o 14 de febreiro e estenderase ata o día...
Cariño prepárase para celebrar a tradicional Romaría a San Xiao do Trebo este sábado
O Concello de Cariño prepárase para celebrar este sábado, 31 de xaneiro, a tradicional Romaría a San Xiao do Trebo, unha das citas máis emblemáticas
O Concello de Cariño aclara a situación da Relación de Postos de Traballo e reitera a súa disposición ao diálogo
O Concello de Cariño, ante as diversas informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, considera necesario realizar unha aclaración co obxectivo de ofrecer unha información ordenada, rigorosa e transparente.
Bases Entroido 2026
O desfile e concurso terá lugar o domingo 15 de febrero de 2026, con saída ás 18 horas dende o polideportivo municipal e terá o seguinte percorrido
O Concello de Cariño continúa co seu compromiso co coidado integral da súa veciñanza tras unha visita técnica ao centro de día da localidade
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, visitou este venres o centro de día da localidade acompañada dun técnico da Xunta de Galicia e do arquitecto David Novo, encargados
O Concello de Cariño aproba o POS+ 2026 para gasto social cun orzamento próximo aos 50.000 euros
O Concello de Cariño aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS+) 2026 da Deputación Provincial da Coruña destinado a gasto social, unha achega que permitirá cubrir
O Concello de Cariño inicia as obras de rehabilitación do pabillón municipal cunha inversión de case 235.000 euros
A alcaldesa, Ana María López, explica que “co inicio destas obras damos un paso decisivo para recuperar un espazo fundamental para a vida deportiva e social do municipio”.
Cariño aposta pola conciliación este Nadal cun campamento educativo para máis de trinta nenos
O Concello de Cariño abre as inscricións para unha nova edición do campamento de conciliación ‘Concilia Cariño de Nadal’, unha iniciativa deseñada para ofrecer ás familias unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares
O lecer e a concienciación únense este sábado no Concello de Cariño.
O Concello de Cariño presenta para esta fin de semana unha dobre cita que combina o entretemento familiar coa sensibilización en materia de saúde. Este sábado, 29 de novembro, o municipio do Ortegal acollerá dúas actividades abertas ao público e dirixidas a todos os veciños e veciñas.
Bases da selección do campamento Concilia Cariño nadal 2025-2026
O Concello de Cariño informa de que xa están publicadas as bases da selección do campamento Concilia Cariño nadal 2025-2026.








