Actualiade: Educación

Bases da selección do campamento Concilia Cariño nadal 2025-2026

O Concello de Cariño informa de que xa están publicadas as bases da selección do campamento Concilia Cariño nadal 2025-2026.

O campamento desenvolverase no CEIP Manuel Fraga Iribarne os seguintes días : 22, 23, 24, 26 , 29, 30, 31 de decembro 2025 e 2 e 5 de xaneiro de 2026. O horario será de 10 a 14 horas, de luns a venres. Ofertarase un servizo de acollida entre as 9.30 e as 10 da mañá e de recollida de 14 a 14.30 horas (fóra de ese horario non se poderá acceder ao campamento).

As solicitudes deberán ser asinadas polo pai, nai ou persoa titora legal do menor e presentaranse no portal web de SONAGA GESTIÓN SL, empresa adxudicataria do servizo, concretamente na dirección: https://escuelacontalento.es/campamentos/

O prazo de presentación será de 5 días hábiles

Consideraranse admitidos, todos aqueles que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

Documentos

Nova publicada o