Actualiade: Deportes

O Concello de Cariño acollerá un seminario de defensa persoal feminina na Casa da Cultura

  • A iniciativa está promovida pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello.
  • As inscricións estarán abertas ata o 17 de decembro nas oficinas municipais.

A Casa da Cultura do Concello de Cariño acollerá o vindeiro 20 de decembro, de 10:00 a 13:00 horas, un seminario de defensa persoal feminina, enmarcado nos IV Seminarios Intensivos de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña en distintos municipios da provincia.


Esta actividade, gratuita, práctica e adaptada a todas as idades, ten como obxectivo ensinar ás participantes a previr, reaccionar e protexerse ante posibles situacións de risco. A formación, que xa se impartiu en Cariño en edicións anteriores, forma parte dun programa que permitiu capacitar a máis de 1.200 mulleres en toda a provincia desde a súa posta en marcha.

As mulleres interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición a través do apartado de Deportes da páxina web da Deputación da Coruña ou presencialmente nas oficinas do Concello de Cariño. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro día 17 de decembro ás 14:00 horas.

Nova publicada o