OMIX

A Oficina de Información Xuvenil de Cariño é un espazo pensado para a mocidade, co obxectivo de que teñan acceso a toda a información que sexa do seu interese. Está situada na Casa da Cultura, máis concretamente nas instalación da Biblioteca Municipal, o que implica que comparte recursos e persoal.


HORARIO: Mañás de 11 a 13.30 e tardes de 16.30 a 20 h.


SERVIZOS


  • Tramitación carnet xove: para moz@s de 12 a 30 anos, con vixencia de dous anos dende a data de expedición.
  • Difusión informativa: taboleiros informativos, dossiers, dípticos e trípticos, guías, twitter (@carino36616633) etc,. Toda a documentación expedida polo Servizo de Información Xuvenil da Xunta de Galicia, e a que ten que ver coa xuventude procedente dos ministerios ou da Comunidade Europea.
  • Derivación: derivamos aos/as rapaces/zas a outros profesionais cando o consideramos pertinente (servizo de empregeo, orientación familiar, centro de saúde, etc.)
  • Acceso internet: acceso vía wifi e a través dos ordenadores da biblioteca.