SERVIZOS

Polideportivo municipal

É cuberto e conta con 2 vestiarios, ten pintadas as liñas para xogar a: Fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, bádminton, voleibol e hockey patíns.

Polideportivo municipal
Paseo Marítimo, 19C
15360 Cariño, A Coruña

O seu horario de uso e o seguinte: de luns a venres de 9:00 -14:00 e de 16:00- 23:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Durante o período escolar pola maña utilizase paras as clases de educación física do CEIP Manuel Fraga Iribarne e os martes, xoves e venres polas tardes para escolas deportivas municipais.

O aluguer da instalación e de 2,50 euros/hora para usos deportivos e alugase no servizo de deportes (casa da cultura) no seu horario de apertura: de luns a venres de: 11:00-13:30 e de 16:30- 20:00. Para o aluguer da instalación hai que ser maior de idade e asinar o cumprimento das normas.