SERVIZOS

Parques Biosaudables

Que son?

Os circuítos biosaudables son equipamentos para realizar exercicio físico ao aire libre que permiten manter a forma e previr diferentes doenzas.

Os aparellos que os compoñen están deseñados para a práctica de exercicio físico en persoas adultas, sendo especialmente recomendables para aquelas maiores de 60 anos ao permitirlles mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculatura de todo o corpo.

Para que están indicados?

Estes aparellos están deseñados para acadar unha vellez saudable, dinámica e autónoma. As vantaxes fundamentais dos circuítos biosaudables, desde o punto de vista dos/as profesionais do deporte, céntranse en que:

  1. Permiten realizar un exercicio físico que incide favorablemente sobro todos os compoñentes da condición física saudable das persoas maiores:
    Melloran a resistencia aeróbica porque son exercicios dinámicos que implican a grandes grupos musculares. Estes exercicios, combinados coa camiñada, son unha forma extraordinaria de mellorar a saúde cardiovascular.

Melloran a forza-resistencia das distintas rexións corporais, o que permite manter unha maior autonomía en actividades cotiás como: carrexar as bolsas da compra, subir e baixar escaleiras, coller en brazos a os/as netos/as…

Melloran a flexibilidade e mobilidade das articulacións; a amplitude de movementos que implica o uso destes aparatos facilita o mantemento e a recuperación desta capacidade que tan importante é de cara a manter a independencia en actividades habituais, tales como: atar os zapatos, poñer un abrigo, entrar na parte traseira dun coche…

  1. Permiten realizar un exercicio físico adaptado a este colectivo específico e de forma segura. Isto é importante porque se realiza sen supervisión.

Recomendacións xerais de uso:

  • Antes de empezar a usar estes aparatos, coméntallo ao teu médico.
  • É máis seguro e saudable o exercicio regular de intensidade moderada que os esforzos intensos, así que evita sempre estas situacións.
  • Como quecemento previo, camiña 30 minutos e a continuación rota as articulacións dos brazos e das pernas.
  • Durante o exercicio controla regularmente o pulso, pois se vai moi rápido hai que descansar ou baixar o ritmo.
  • Practica 3-4 veces por semana, xa que a actividade física debe ser regular e constante. En caso de suspender o programa durante un tempo, retómao de forma progresiva.
    Ao menor síntoma de dor, mareo, respiración arquexante ou dor de cabeza, cesa a actividade.
  • Hidrátate de forma correcta e bebe auga, antes, durante e despois de facer exercicio (non esperes a ter sede).
  • Segue as pautas referidas ao tempo de traballo ou ao número de repeticións recomendadas nos carteis instalados xunto a cada aparello.
  • Realiza os exercicios de estiramento recomendados despois de exercitarte en cada aparello.
  • Tras 4-5 semanas de exercicio regular e en función do nivel de forma que adquirises, podes probar a dar dúas voltas ao circuíto e máis tarde, mesmo tres.

Como usar cada un dos aparellos biosaudables?

Parques Biosaudables
Rua do Río Sil, s/n 15360 Cariño (A Coruña)

Documentos