Axenda: Evento
Marcha comarcal contra as violencias machistas
O domingo 23 de novembro levarase a cabo unha marcha conxunta contra as violencias machistas, que terá lugar en Ortigueira entre as 11:30 e as 13:30 h.
Para facilitar a asistencia, ofrecerase un servizo de autobús gratuíto desde todos os municipios do Ortegal. Informarase do itinario do transporte próximamente.
Actividade publicada o

Outras novas
Deportes
Cariño aproba o POS+ 2026 por máis de 417.000 euros para gasto corrente e a mellora do campo de fútbol municipal
O Pleno do Concello de Cariño aprobou o pasado xoves, 5 de febreiro, o POS+ 2026 da Deputación da Coruña, que contará cun orzamento total de 417.676,83 euros, destinados tanto a gasto corrente como a unha importante actuación de mellora no Estadio Municipal de Fútbol de Cariño.
Cultura
Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a súa festa do Entroido
O Concello de Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a celebración do Entroido, unha das citas festivas máis agardadas do municipio, que contará cunha variada programación pensada para todos os públicos. Este ano, o Entroido municipal dará comezo o 14 de febreiro e estenderase ata o día 17.