SERVIZOS

Emprego

O Concello de Cariño conta cos seguintes servizos a disposición da cidadanía nas áreas de emprego:

O servizo de emprego e desenvolvemento local está orientado, principalmente, ao traballo por conta propia realizando funcións como:

  • Asesoramento a emprendedoras e emprendedores, informando dos pasos a seguir na creación de empresas e no desenvolvemento de plans de viabilidade.
  • Información das diferentes subvencións, tanto as dirixidas a nov@s emprendedores/as, como a propietari@s de negocios en funcionamento.
  • Asesoramento en Técnicas de Busca Activa de Emprego: busca da empresa, preparación de entrevistas de traballo…
  • Apoio a promotores de empresas, unha vez constituídas estas, asesorándoos nas primeiras etapas de funcionamento das mesmas.
  • Busca de recursos ociosos ou infrautilizados, así como iniciativas innovadoras co fin de identificar novas oportunidades empresariais de posibles emprendedores/as.

Poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego, en emprego@concellodecarino.gal ou no teléfono 981 405 064.

A oficina está no Concello de Cariño e o horario de atención é de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Novas de Emprego

Emprego
FOTO Cariño - El Concello de Cariño aprueba el POS+ 2026 para gasto social con un presupuesto cercano a los 50.000 euros

O Concello de Cariño aclara a situación da Relación de Postos de Traballo e reitera a súa disposición ao diálogo

O Concello de Cariño, ante as diversas informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, considera necesario realizar unha aclaración co obxectivo de ofrecer unha información ordenada, rigorosa e transparente.
Emprego
concello_new

Listado admitidos peon aprob 2025

Resolución aprobada o 18 de Muño de 2025 para a contratación, como persoal laboral temporal de un peón de limpeza e desbroce de camiños e vías forestais, durante nove meses.
Emprego
concello_new

Bases da convocatoria do proceso de selección para a contratación de un operario de servizos múltiples