Axenda: Evento
Seminario intensivo de defensa persoal feminina
A Deputación de Coruña e o Concello de Cariño poñen en marcha unha nova sesión deste seminario intensivo que terá lugar o sábado 20 na Casa da Cultura de 10:00 a 13:00 h.
Esta actividade, gratuita, práctica e adaptada a todas as idades, ten como obxectivo ensinar ás participantes a previr, reaccionar e protexerse ante posibles situacións de risco. A formación, que xa se impartiu en Cariño en edicións anteriores, forma parte dun programa que permitiu capacitar a máis de 1.200 mulleres en toda a provincia desde a súa posta en marcha.
A túa mellor gardacostas es ti mesma!
Actividade publicada o

Outras novas
Educación
Listado definitivo de admitidos Concilia Verán Cariño 2026
Visto que mediante Decreto Alcaldía de 20/05/2026, foron aprobadas as bases da selección do
campamento Concilia Cariño verán 2026 (Expdte 2026/S012/000002) e publicadas no BOP nº 97, de
26/05/2026.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, RESOLVO:
PRIMEIRO: Aprobar o LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS no Campamento Concilia verán
2026:
Deportes
SUBVENCIÓN TÉCNICO DEPORTIVO 2025
A Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa FO106 de Subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de Persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, concedeulle ao Concello de Cariño, unha subvención de 15.000 € , que supón o 39,97 % do gasto realizado.