Axenda: Evento
Contacontos: Plásticos fora!
Este próximo sábado 20 decembro ás 18:00 h na Casa da Cultura, Antón Khe preséntanos “Plásticos fora!”, unha actividade divertida e educativa para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
A través dun conto cheo de humor, cancións orixinais en galego e xogos participativos, aprenderemos sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os residuos —especialmente os plásticos—
Un espectáculo para escoitar, rir e coidar o planeta!
Actividade publicada o

Outras novas
Deportes
SUBVENCIÓN TÉCNICO DEPORTIVO 2025
A Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa FO106 de Subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de Persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, concedeulle ao Concello de Cariño, unha subvención de 15.000 € , que supón o 39,97 % do gasto realizado.