Axenda: Evento
A Galiña Turuleca
O próximo domingo 21 ás 18:00 h, achégate á Casa da Cultura e desfruta do cine en familia ca Galiña Turuleca
Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto e a súa imposibilidade para poñer ovos desatan as burlas do resto do galiñeiro, ata que un día Isabel, unha exprofesora de música, lévaa vivir á súa granxa. Alí, feliz e en harmonía, a galiña descobre o seu gran talento oculto: “Turu” non só pode falar, senón que canta como xamais escoitaches cantar unha galiña!
O talento musical da nosa amiga levaraa a converterse na gran estrela do fascinante Circo Daedalus. Porén, a súa viaxe non será nada doada. O circo está ameazado polo malvado Armando Tramas, quen desexa apropiarse da fantástica Turuleca.
Actividade publicada o

Outras novas
Educación
Listado definitivo de admitidos Concilia Verán Cariño 2026
Visto que mediante Decreto Alcaldía de 20/05/2026, foron aprobadas as bases da selección do
campamento Concilia Cariño verán 2026 (Expdte 2026/S012/000002) e publicadas no BOP nº 97, de
26/05/2026.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, RESOLVO:
PRIMEIRO: Aprobar o LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS no Campamento Concilia verán
2026:
Deportes
SUBVENCIÓN TÉCNICO DEPORTIVO 2025
A Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa FO106 de Subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de Persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, concedeulle ao Concello de Cariño, unha subvención de 15.000 € , que supón o 39,97 % do gasto realizado.