Axenda: Teatro
Golpes
O sábado 22 de novembro, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral ‘Golpes’, a cargo da compañía aAntena Teatro.
A través de 𝐏𝐚𝐦𝐞𝐥𝐚, unha moza que ven de sufrir violencia machista, e que decide compartir a súa historia, asistimos ao relato dun proceso de aprendizaxe e superación: o camiño de quen, tras caer, é capaz de recoñecerse e reconstruírse.un espectáculo directo e íntimo, no que a palabra e a presenza son as auténticas protagonistas.
Sen artificios dramatúrxicos nin escenográficos, Golpes propón un encontro sincero entre actriz e público.
A función, con entrada libre ata completar aforo, comezará ás 19:30 horas.
Actividade publicada o
Prezo Gratuíto

Outras novas
Deportes
SUBVENCIÓN TÉCNICO DEPORTIVO 2025
A Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa FO106 de Subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de Persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, concedeulle ao Concello de Cariño, unha subvención de 15.000 € , que supón o 39,97 % do gasto realizado.