Axenda: Evento
Samaín 2025 – 1 de novembro
A celebración comenzará a partir das 17:30 horas no Mercado Municipal cunha variada programación pensada para gozar en familia.
Haberá xogos de axilidade, un hinchable, unha degustación de castañas asadas e unha orixinal cociña terrorífica, na que se elaborarán receitas deliciosas cun toque misterioso.
Ademais, realizarase un obradoiro de reciclaxe, onde as persoas participantes poderán aprender de forma lúdica e creativa a importancia do respecto e coidado do medio ambiente.
Actividade publicada o
