O Concello de Cariño informa de que xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións dirixidas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro correspondentes ao exercicio 2025.

As axudas teñen como obxectivo fomentar a participación cidadá e apoiar actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e social que se desenvolvan no termo municipal de Cariño.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 203, do 23 de outubro de 2025), polo que o período rematará o 6 de novembro de 2025.

As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Xeral da Sede Electrónica do Concello de Cariño: https://sede.concellodecarino.gal/sxc/gl/

As entidades interesadas deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, dispoñibles para consulta no BOP e na web municipal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.