Goberno Municipal

O Concello de Cariño é un dos máis novos de Galicia, logo da súa aprobación no ano 1988 no que significou, naquel intre, a primeira segregación municipal na Galicia de posguerra.

O longo proceso segregacionista comezara moito tempo atrás, no século XVI, e sempre baixo a xustificación do esquecemento que para co pobo tiñan os adminsitardores de Ortigueira. Pero foi en 1982, coa chegada do actual sistema democrático, cando se retoma un proceso de segregación que dura seis anos ata que o 21 de xaneiro de 1988 apróbase a creación do Concello de Cariño.

Na actualidade, e logo das eleccións municipais que tiveron lugar en maio de 2019, a organización política do Concello quedou da seguinte forma:

José Miguel Alonso Pumar é o Alcalde de Cariño.

Ademáis, ostenta as concellerías de Emprego, Medio Ambiente, Comercio e Formación.

          alcaldia@concellodecarino.gal

Ana Belén Gómez Aneiros (3ª Tenente de Alcalde) é a Concelleira Delegada da área de Benestar Social, Igualdade e Mar.

          belengomez@concellodecarino.gal

Carmen Del Río Fraguela é a Concelleira Delegada da área de Mocidade e Transparencia.

          carmendelrio@concellodecarino.gal

Iria Rubido Pardo é a Concelleira Delegada da área de Festexos e Lecer.

          iriarubido@concellodecarino.gal

Alberto Iglesias Fraguela (1º Tenente de Alcalde) é o Concelleiro Delegado da área de Urbanismo, Servizos Básicos e Infraestructuras.

          albertoiglesias@concellodecarino.gal

Jonathan Miranda Lucas (2º Tenente de Alcalde) é o Concelleiro Delegado da área de Facenda, Cultura, Educación e Deporte.

          jonathanmiranda@concellodecarino.gal

Ana Isabel Fachal Fraguela é a Concelleira Delegada da área de Desenvolvemento Local e Turismo.

          anafachal@concellodecarino.gal

Xunta de Goberno Local

O Alcalde e os tres Tenentes de Alcalde integran a Xunta de Goberno Local, que se reúne de forma ordinaria o primeiro e terceiro martes de mes ás 08.00 horas na Casa do Concello.