ACTUALIDADE

GRANDARROIBA de Cristian F. Caruncho

10 Febreiro 2020

O vindeiro venres 21 de febreiro, a partir das 20 horas, terá lugar a presentación do cómic GRANDARROIBA, de Cristian F. Caruncho. Tamén quedará inaugurada a exposición con diversos debuxos do cómic.

Será no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2).

GRANDARROIBA é a primeira obra longa de Cristian F. Caruncho, debuxante, de 22 anos, nado en Couzadoiro (Ortigueira). «Conta a historia dun home algo solitario que vive nas montañas do Ortegal, a súa evolución desde neno ata o día de hoxe (cuns 50 anos), como é a súa relación cos veciños. Non pasan moitas cousas, o importante é como vai cambiando o personaxe, Moncho de Grandarroiba» explica o autor nunha entrevista en La Voz de Galicia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.