ACTUALIDADE
GRANDARROIBA de Cristian F. Caruncho

10 Febreiro 2020
O vindeiro venres 21 de febreiro, a partir das 20 horas, terá lugar a presentación do cómic GRANDARROIBA, de Cristian F. Caruncho. Tamén quedará inaugurada a exposición con diversos debuxos do cómic.
Será no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2).
GRANDARROIBA é a primeira obra longa de Cristian F. Caruncho, debuxante, de 22 anos, nado en Couzadoiro (Ortigueira). “Conta a historia dun home algo solitario que vive nas montañas do Ortegal, a súa evolución desde neno ata o día de hoxe (cuns 50 anos), como é a súa relación cos veciños. Non pasan moitas cousas, o importante é como vai cambiando o personaxe, Moncho de Grandarroiba” explica o autor nunha entrevista en La Voz de Galicia.
