ACTUALIDADE

Bases e convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais, educativas e deportivas para o ano 2017.

15 Setembro 2017

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe saen publicadas a convocatoria e as bases que rexerán o proceso de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2017, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria (educación infantil, primaria e secundaria), pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 2 de outubro. A instancia coa documentación pertinente presentarase no Rexistro Xeral do Concello.

Neste enlace podes ver o texto completo das bases.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.