Bases e convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais, educativas e deportivas para o ano 2017.

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe saen publicadas a convocatoria e as bases que rexerán o proceso de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño.
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2017, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria (educación infantil, primaria e secundaria), pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.
O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 2 de outubro. A instancia coa documentación pertinente presentarase no Rexistro Xeral do Concello.
