ACTUALIDADE

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, EDUCATIVAS E DEPORTIVAS 2020

20 Outubro 2020

Publicadas no BOP de hoxe as bases que rexerán a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,…) que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2020, destinados ós/ás alumnos/as empadroados/as e
escolarizados/as nos seguintes cursos:

– Infantil (3, 4 e 5 anos).
– Educación Primaria.
– Educación Secundaria Obrigatoria.
– Bacharelato.

O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas no eido da cultura, educación e deporte.

Neste enlace podes ver as bases.

Neste enlace podes descargar os anexos en formato dixital.

O prazo para solicitar as axudas remata o luns 9 de novembro.

Para recibir máis información, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 405 064, no Departamento de Servizos Sociais (Casa do Concello) solicitando CITA PREVIA no mesmo teléfono ou no enderezo electrónico servizossociais@concellodecarino.gal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.