ACTUALIDADE
Talabarte presenta o seu novo disco “Fake” en Cariño

03 Outubro 2016
O vindeiro sábado, 19 de novembro, a partir das 20 horas no Auditorio Municipal, TALABARTE presenta o seu novo disco, titulado “FAKE”, que sae á venda o venres 18.
O coste da entrada é de 3€.

Talabarte xunta tres talentos excepcionais. Tras anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, estos grandes músicos deciden poñer a andar o seu propio proxecto artístico, motivado pola súa mutua admiración e amizade. Unidos ademáis pola madeira dos seus instrumentos e con unha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo…
O violín de Quim Farinha deuse a coñecer en grupos como Fía na Roca, sonou dende as súas orixes en Berrogüetto e na actualidade forma parte de grupos como A Banda das Crechas e Os d’Abaixo.
Pedro Pascual, pola súa parte, é multiinstrumentista, docente e productor, coñecido polo seu acordeón diatónico. É colaborador habitual de importantes músicos e cantantes e fundador de grandes grupos como Marful.
Kin García é un dos contrabaixistas máis destacados de Galicia e acompañou na súa longa traxectoria a intérpretes como Susana Seivane, Uxía, Dulce Pontes, Berrogüetto, ademáis de liderar o seu propio trío de Jazz.
