ACTUALIDADE

O Auditorio Municipal de Cariño acolle a pre-estrea de SÉNIOR, con Luís Iglesia e Marcos Orsi.

20 Febreiro 2018
O vindeiro sábado 24 de febreiro, no Auditorio Municipal, a partir das 20 horas, podemos desfrutar da pre-estrea de SÉNIOR.

O prezo da entrada é de 3€.

Sinopse.

SÉNIOR é un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade.

Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia.

Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto inxenioso de creación propia, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

Grandes dilemas do sénior:

…visto como meu fillo ou como meu pai?…

…Haberá cadeiras nese concerto?…

…Como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic?…

Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compaña de Luís Iglesia e Marcos Orsi.

Ficha artística e técnica.

Autor: Creación propia

Elenco: Luís Iglesia e Marcos Orsi

Dirección: Avelino González

Responsable técnico: Paula Castro

Deseño escenografía: Kukas

Produción e distribución: Culturactiva, Sociedade Cooperativa Galega

Xénero: Teatro cómico

Duración: 70 minutos

Clasificación: N.R.M 12 anos