ACTUALIDADE
Semana Santa 2022. Programación

08 Abril 2022
XOVES 14 DE ABRIL
11 a 13.30 horas: Xornada de portas abertas no PARQUE DE CALISTENIA (Paseo Marítimo, s/n). Achégate a ver as posibilidades que ofrece o novo parque de Calistenia. Contaremos con monitores especialistas. Participación gratuita.
11 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas: Festa infantil con inchables no Campín (ao lado da Casa do Concello). Se fai mal tempo, no Polideportivo Municipal.
19 horas: No Local Social, presentación do libro “Ángel Rodríguez Leira ‘Cariño López’, un gallego en la liberación de París y la toma del Nido del Águila”.



VENRES 15 DE ABRIL
11 a 13.30 horas: Xornada de portas abertas no PARQUE DE CALISTENIA (Paseo Marítimo, s/n). Achégate a ver as posibilidades que ofrece o novo parque de Calistenia. Contaremos con monitores especialistas. Participación gratuita.
16 horas: Ruta guiada polo CAMIÑO DE FIGUEIROA. Inscrición previa na Oficina de Turismo ou no mail visitacarino@gmail.com


22 horas: Na PRAZA ROXA, concerto do grupo cariñés de pandereteiras OS TRASMALLOS e do grupo OS DA PORFÍA. Entrada gratuíta.

SÁBADO 16 DE ABRIL
10 horas: Ruta guiada polo CAMIÑO DE CABO ORTEGAL. Inscrición previa na Oficina de Turismo ou no mail visitacarino@gmail.com.
A partir das 11 horas. Na PRAZA ROXA, XVII MERCADO DE OPORTUNIDADES E DE SOLIDARIEDADE, organizado pola asociación COMCariño. De 11 a 14 horas, contará cun obradoiro infantil.
Dende as 16.30 horas, no Campo de Fútbol, partidos benéficos a favor de Ucrania. Organiza C.D. Cariño:
– 16.30: Biberóns. CD Cariño – Esteiro
– 17:30: Veteráns. CD Cariño – Luarca
– 19:30: Femenino
18 horas. No AUDITORIO MUNICIPAL, o clube da retranca en Cariño, con ISI, PEPO SUEVOS e VÍCTOR FÁBREGAS. Entrada: 12€. Organizan: LOS INFIELES DE SISMUNDI.



