Que facer / ver

San Xiao do Trebo: aldea situada preto do Cabo Ortegal que conta cunha capela con orixes dos séculos V e VI. Está edificada encima dunha vila romana aínda non escavada. Neste lugar celébrase o último sábado de Xaneiro a Romaría de S. Xiao.
Rutas de sendeirismo: pódense realizar múltiples rutas para percorrer a zona, as máis fáciles saen desde Cariño cara ao Cabo Ortegal (2h30 ida e volta) e cara ao Monte Mazanteu que queda cara ao sur (1h30 ida e volta). Despois existen outras rutas que percorren a Serra da Capelada, de duración variable segundo o percorrido.
Ruta dos miradoiros: ruta de 25km a través da Serra da Capelada que se pode facer en coche. Sae desde Cariño en dirección norte cara ao faro de Cabo Ortegal e despois desvíase cara ao suroeste en dirección a S. André de Teixido e Cedeira, que é o final da ruta. Atravesará toda a serra e poderanse visitar os distintos miradoiros que hai na ruta, a destacar o do Faro de Cabo Ortegal, o da Miranda, o de Vixía de Herbeira e o dos Carrís, entre outros.
Ría de Cariño-Ortigueira: Espazo natural protexido, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Humidal de importancia internacional protexido polo convenio Ramsar, zona especial de protección de aves (ZEPA) , numerosas praias de area fina salpican a Ría
Cabo Ortegal: citado polos romanos como Promontorium Trileucum, é o extremo Nordeste da Serra da Capelada, que se abre cara ao océano en dúas puntas, a punta dos Aguillóns cara ao leste -o Trileuco dos romanos e lugar onde está o faro de Cabo Ortegal- e a punta do Limo cara ao oeste, cuns acantilados que alcanzan os 300 metros de altura. Aquí xúntanse mar e océano xa que serve de punto de unión ao Mar Cantábrico e ao Océano Atlántico, e é o límite Occidental do Golfo de Biscaia. Os Aguillóns son uns illotes rochosos puntiagudos que se adentran no Océano cara ao norte e son o símbolo da comarca. Esta zona tamén está en trámites para ser declarada como Xeoparque debido á especial configuración das rochas, que fai que sexa obxecto de intensos estudos por parte dos xeólogos.
Serra da Capelada: cordilleira montañosa de 25km de longo que atravesa os municipios de Cariño, Cedeira e Ortigueira. Nela encóntranse os acantilados máis altos da Europa continental e costeira, cunha altura máxima de 613m á altura do miradoiro de Vixía de Herbeira. Hai unha sucesión de miradoiros que nos permiten observar as vistas desde a cordilleira, destacando o Miradoiro da Miranda, que coas súas vistas a 493m de altura domina toda a Ría e permite unha panóramica de 360 graos. Zona con néboas frecuentes e azoutada polo vento non deixa indiferente a ninguén. As mandas de cabalos e vacas criadas en liberdade sorprenderante.
Vila de Cariño: núcleo mariñeiro de Cariño situado entre a baía e a praia, o porto e os acantilados. Consta dunha serie de rúas estreitas con casiñas de cores que ascenden ata o cantil, onde hai uns miradoiros que dan cara ao mar. Hai exemplos de arquitectura típica mariñeira como son as casas con galería ou con corredor (balcón de madeira). A igrexa de S. Bartolomé (templo neogótico de principios do século XX) encóntrase no centro e o seu campanario domina toda a vila. Un paseo polo porto e polo paseo marítimo que rodea a baía completan a visita.
Santo André de Teixido: Aldea situada na Serra da Capelada que é un lugar de peregrinación fundamental en Galicia, máis antigo que Santiago de Compostela. É un lugar de culto pagano posteriormente cristianizado onde hai unha serie de lendas e tradicións. A igrexa, que data do século XIV aínda que ten orixes anteriores, e está dedicada a Santo André. Unha lenda di que “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo” ( a S. Andrés de Teixido va de muerto el que no fue de vivo). Na localidade tamén se venden os “sanandresiños”, figuriñas de masa de pan cocida e pintada, que son os amuletos típicos de alí.
Festas e eventos: celébranse ao longo do ano numerosas festas e eventos, cabe destacar a Festa do Carmen en Cariño, o 16/07, coa procesión marítima máis longa de España que vai ata o Cabo Ortegal e a danza de Arcos, típica de Cariño. Outras festas son as festas patronais de S. Bartolo, o 24/08 en Cariño ou as Festas de San Antonio 13/06 ou a Nosa Señora 15/08 na Pedra. Na parroquia de Feás celébrase o 29/06 o S. Pedro e o 2º Domingo de Setembro Os Remedios. Na parroquia de Sismundi celébrase o Carmen o 1º Domingo de Agosto e na de Landoi celébrase o Santiago o 25/07. Outros eventos de importancia son a Festa gastronómica da Caldeirada e a Sardiña Lañada que se celebra en Cariño o primeiro sábado de Agosto, así como o Carnaval que é ampliamente seguido en Cariño en datas variables entre Febreiro e Abril.
FOLLETOS
GUÍA DE RÚAS
Rede Natura 2000 – Complexo xeolóxico do Cabo Ortegal
Cariño sitúase na marxe occidental da Ría de Cariño – Ortigueira, sobre as faldras da Serra da Capelada, adentrándose no mar na prolongación do Cabo Ortegal. Ocupa unha extensión de 46,2 km2 e está formado por cinco parroquias: Cariño, A Pedra, Sismundi, Feás e Landoi.
Situado na parte máis setentrional da provincia da Coruña, o Concello de Cariño posúe un clima oceánico chuvioso, sen grandes oscilacións de temperatura ao longo do ano.
Aquí podes descargar a Guía de rúas.
A península do Cabo Ortegal encóntrase incluída dentro da ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) “Costa Ártabra”, que abarca un tramo costeiro da provincia da Coruña correspondente á comarca de Ferrol e unha parte da de Ortegal.
A ZEPVN Costa Ártabra, caracterízase pola beleza paisaxística, e nela sobresaen recantos coma este do Cabo Ortegal que destaca pola súa singularidade xeolóxica, florística e faunística. Entre os hábitats protexidos pola Rede Natura 2000, presentes nesta zona do Cabo Ortegal, encóntrase o hábitat de acantilado con vexetación das costas atlánticas e bálticas.
Todo este conxunto de valores xeolóxicos e naturais existentes neste enclave, fan que sexa un dos principais puntos turísticos da Península Ibérica.
Descarga aquí toda a información.
Itinerarios culturais, medioambientais e paisaxísticos no Complexo xeolóxico do Cabo Ortegal.
Pódense realizar múltiples rutas para percorrer a zona, pero recomendamos 5 itinerarios: