ACTUALIDADE

Punto de Atención á Infancia. Listaxe Provisional Admitidos/as

15 Maio 2018

Hoxe foi aprobada a listaxe provisional dos/as nenos/as admitidos/as para matricularse no Punto de Atención á Infancia do Concello de Cariño para o curso 2018-2019.

Neste enlace podes ver o certificado.

Concédese un prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe provisional, para a presentación de reclamación no Rexistro Xeral do Concello.

De conformidade co artigo 14.4 do Regulamento xeral de funcionamento e organización do PAI, no suposto de que non se presentaran reclamacións, esta listaxe provisional será proposta á Xunta de Goberno Local como listaxe definitiva.