ACTUALIDADE

Proceso selectivo para a contratación de dous técnicos de turismo

28 Marzo 2018

Hoxe sae publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto (que podes ver aquí) das bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación de dous técnicos de turismo.

As contratacións terán unha duración de 9 meses para o aspirante que acade unha maior puntuación e 3 meses para o segundo. O contrato será a xornada completa: 37,5 horas semanais, de luns a domingo cos descanso establecidos.

As instancias para participar no proceso de selección (Anexo II) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público, no prazo de 5 días hábiles (ata o venres 6 de abril incluido).

Neste enlace podes descargar as bases completas.