Piscina Municipal. Novas medidas na apertura

23 Xuño 2020
Despois de conversas con Saúde Pública da Consellería de Sanidade, xa é posible a utilización do jacuzzi e das duchas nos vestiarios.
– A piscina abre no seu horario habitual de luns a venres de 16:30 a 22:30 e os sábados de 10:30 a 14:00 e só se pode utilizar as piscinas grande, a pequena e o jacuzzi. Polo de agora, a sauna, a ducha bitérmica e o baño turco deben permanecer pechados.
– É necesario coller cita previa e os horarios son: de luns a venres de 16:30 a 17:30, de 17:45 a 18:45, de 19:00 a 20:00, de 20:15 a 21:15 e 21:30 a 22:30. E os sábados de 10:30 a 11:30, de 11.45-12:45 e de 13:00 a 14:00.
– Para coller a cita é obrigatorio chamar aos teléfonos: 681211104 – 981420483 de 11:00 a 12:30 (luns a sábado) e de 16:30 a 22:30 (de luns a venres). (Non se concederán as citas na piscina).
– É obrigatorio o uso de máscara e lavar as mans con xel hidroalcoholico.
– Hai que manter sempre unha distancia de seguridade mínima de 2 metros en toda a instalación (aparcadoiros, acesos, vestiarios, piscina,…).
– A instalación abre por quendas dunha hora na que as/os usuarios/as deben ter tempo para cambiarse de roupa, nadar e volver a vestirse.
– É moi importante cumprir cos horarios establecidos para permitir, entre quenda e quenda, a desinfección dos vestiarios e zonas comúns.
– Non poden acudir a instalación persoas con síntomas compatibles co COVID -19 e no caso de estar na instalación, ante calquera destes síntomas debese abandonar a mesma.
– O material desbotable introducírase nunha bolsa de plástico que deben levar as/os usuarias/os e debidamente cerrada depositárase nas papeleiras dos vestiarios ou da saída.
– Asignarase unha zona nos vestiarios para cada usuaria/o co fin de manter a distancia de seguridade.
– En caso de necesitar algún material pediráselle ao socorrista e unha vez rematado depositarase onde o socorrista indique para a súa posterior desinfección.
– No aparcadoiro debese deixar un espazo mínimo de 2 metros entre os vehículos.