Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Casco Vello de Cariño

Os Plans Especiais constitúen dentro das figuras de planeamento da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, un instrumento de funcionalidade variada, que se caracteriza precisamente pola especificidade dos aspectos que aborda, co seu único teito na expresa prohibición legal de substituír ao Plan Xeral en canto instrumento de ordenación integral do territorio.

O Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Casco Vello de Cariño ten un dobre carácter: como Plan de Protección, en canto debe propoñer medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural, e como Plan de Rehabilitación, en canto debe ordenar e programar actuacións dirixidas a recuperar e impulsar os valores sociais, culturais, económicos, ambientais, edificatorios e funcionais do Casco Vello.

A partir de aquí defínense como eixes orientadores xerais:
– A salvagarda do patrimonio arquitectónico, arqueolóxico, cultural, ambiental e paisaxístico.
– O mantemento do uso residencial e o impulso á actividade económica.
– A mellora das condicións de vida, evitando o deterioro da zona.
– A integración da zona no contexto funcional da Vila de Cariño e do seu territorio circundante.

Para poder abordar estes eixes cun coñecemento do medio sobre o que se traballa, elaborouse un documento de información que entre outros datos recolle a información recompilada no traballo de campo desenvolto principalmente entre finais de 2018 e principios de 2019. Neste traballo visitáronse de xeito sistemático todos aqueles inmobles aos que foi posible acceder, tanto locais como vivendas, cumprimentándose fichas e enquisas individualizadas de cada unha das unidades edificatorias.

Nesta páxina podes consultar a información urbanística do conxunto do Casco Vello de Cariño, segundo os apartados que che vaian interesando.

plano 1

ámbito do plan

plano 2

fotoplano. estado actual

plano 3

topografía

plano 4

seccións do ámbito

plano 5

plan xeral de ordenación municipal

plano 6

codificación e parcelario

plano 7

idade da edificación

plano 8

estado da edificación

plano 9

alturas da edificación

plano 10

usos globais da edificación

plano 11

usos e intensidades da edificación

plano 12

réxime da propiedade da edificación

plano 13

espazo público

plano 14

equipamentos e espazos libres públicos

plano 15

rede viaria e aparcamento

plano 16

pavimentación do espazo público

plano 17

pendentes da rede viaria

plano 18

accesibilidade da rede viaria

plano 19

seccións da rede viaria

plano 20

infraestructuras

plano 21

valoración arquitectónica

plano 22

alzados da edificación

Podes acceder ao documento completo da Información Urbanística nestes enlaces onde atoparás o TEXTO completo e os PLANOS.