ACTUALIDADE

O filme ‘Pelerinaxes’ proxéctase este sábado en Cariño

10 Novembro 2017

Este sábado, 11 de novembro, ás 19.30 horas no Auditorio Municipal de Cariño, enmarcado no programa Cinemas de Galicia, proxéctase o filme de Simone Saibene inspirado no libro de Otero Pedrayo, ‘Pelerinaxes I’.

‘Pelerinaxes’ fai o percorrido que hai noventa anos, en 1927, fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido. Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña.

O filme gañou o Primeiro Premio no 21º Avanca Film Festival en Portugal e partecipou en distintos certamenes internacionais, entre outros no espazo CineFil do Festival Interceltique de Lorient (Francia) e no 14º Indipendent Film Festival de Daca (Bangladesh).

Protagoniza a longametraxe a actriz Carmen Méndez. Ela encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, interpretado por Xoél Yáñez. ‘Pelerinaxes’ que ten unha duración de 74 minutos, se sitúa entre a ficción e o documental, altérna o percorrido feito pola protagonista con entrevistas a homes e mulleres, figuras do mundo cultural galego. Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén Alfonso Míguez e Isabel Risco. A última, neta de Vicente de Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó por ser considerado un ‘home perigoso’ durante a ditadura de Primo de Rivera.

A banda sonora de ‘Pelerinaxes’ foi composta por Ruxe-Ruxe, Daniel Minimalia, MCarballo e gravouse integralmente ‘on the road’ e en directo.