PEL-REACTIVA Concello de Cariño. Axudas para a reactivación económica e social. Convocatoria

09 Novembro 2020
Aberto o prazo de presentación de solicitudes do PEL-REACTIVA Concello de Cariño, que é un Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Cariño para impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuir a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.
Neste enlace podes as bases completas.
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo rematará o 25 de novembro de 2020, ás 14 horas. A documentación presentarase pola Sede Electrónica do Concello de Cariño.
Importe do fondo.
A contía destinada a atender as solicitudes das axudas é de 112.473,03 euros. O Fondo de Financiamento constitútise con 52.473,03 euros de achega da Deputación de A Coruña e 60.000 euros financiado cos fondos propios do concello.
Beneficiarios/as.
Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
– Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVDI-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
– Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducido polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditar a reducción de ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o perído de actividade.
– Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Conceptos de gasto subvencionable.
– Compra de material: material antiséptico ou desinfectante, productos hixiénicos e de limpeza.
– Arrendamentos e canons: arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións.
– Reparación e conservación: adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID- 19 (biombos, etc.).
– Primas de seguros: seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes.
– Subministracións: auga, gas, combustibles, electricidade.
O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable.
Contía e período subvencionable.
O importe da subvención será fixo, e determinarase conforme aos seguintes criterios:
a) Traballadores/as por conta propia ou autónomos, sen traballadores ao seu cargo, afectados polo peche como consecuencia da declaración do estado de alarma, ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal do 2020, se vise reducida, polo menos nun 75 % en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma: 1500 €.
b) Traballadores /as por conta propia ou autónomos con traballadores/as ao seu cargo e microempresas afectados polo peche como consecuencia da declaración do Estado de alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal do 2020, se vise reducida, polo menos nun 75 % en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do Estado de alarma, ou que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, atendendo ao seguinte:
– Un só traballador/a.- 2000 €
– Entre 2 e 5 traballadores/as.- 2500 €
– Entre 6 e 9 traballadores/as.- 3000€
O período subvencionable abarcará dende o 1 de marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 €. O importe da axuda a conceder será minorada na cantidade que exceda deste límite.
