ACTUALIDADE

PROCESO DE SELECCIÓN PARA A PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE UN OFICIAL DE 1ª ALBANEL, AO ABEIRO DO PLAN DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA (PEL-CONCELLOS 2023). BASES.

04 Abril 2023

Publicadas as bases que rexerán o proceso selectivo. O prazo de presentación de instancias remata o 21/04/2023.

As persoas a contratar neste programa de acordo co establecido na Base 4.2 do Plan de Integración Laboral da Deputación Provincial de A Coruña (PEL 2023), deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión social:

a) mulleres
b) maiores de 45 anos
c) persoas desempregadas de longa duración, con un mínimo de un ano como demandantes de emprego.
d) persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
e) persoas en situación de drogodependencia.
f) persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
g) persoas con fogar monoparental.
h) persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) persoas vítimas de violencia de xénero.
j) persoas sen fogar.

Para acreditar estas situacións anteriores, de acordo co disposto no punto 3.2 (Anexo documentación) das bases reguladoras do PEL 2023:

– Todos deberán acreditar que son demandantes de emprego coas tarxetas ou informes acreditativos debidamente
actualizados.

Neste enlace podes descargar as BASES.