ACTUALIDADE
Renovación de paneis informativos no paseo marítimo.

30 Outubro 2017
O Concello de Cariño renova os paneis informativos situados no paseo marítimo. Trátase de 4 paneis, nos que podes atopar información sobre as praias de A Concha e A Basteira, outro con información sobre dúas rutas de sendeirismo e outro panel con información básica sobre o Xeoparque de Cabo Ortegal.
Os paneis foron adquiridos a través dunha axuda Feader: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, xestionado a través da Axencia Galega de Turismo.



