ACTUALIDADE

Aberto dende o 14 de marzo o prazo de preinscrición e renovación de matrícula para o curso escolar 2018-2019 para o Punto de Atención á Infancia

13 Marzo 2018

Dende o 14 de marzo e ata o 13 de abril de 2018, ambos incluídos, está aberto o prazo de preinscrición e renovación de matrícula para o curso escolar 2018-2019 no PAI “As Touliñas” do Concello de Cariño.

As solicitudes de novo ingreso realizaranse en modelo oficial e presentaranse no rexistro xeral do Concello (Avda. da Paz, 2) entre as 9 e as 14 horas.

Neste enlace podes ver a documentación necesaria para realizar as solicitudes.