ACTUALIDADE
Punto de Atención á Infancia. Curso 2020/2021

02 Xuño 2020
Dende o mércores 3 e ata o 23 de xuño 2020, ambos incluídos, está aberto o prazo de preinscrición e renovación de matrícula para o curso escolar 2020-2021 no PAI “As Touliñas” do Concello de Cariño.
A documentación pode presentarse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/) ou no Departamento de Servizos Sociais, solicitando cita previa no teléfono 981 405 064, no mail normanovo@concellodecarino.gal ou a través do servizo de cita previa da Sede Electrónica (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/cita/index.html).
Neste enlace podes ver o Decreto coa documentaciòn a aportar para a preinscrición.
Neste enlace podes descargar en formato editable a solicitude de NOVO INGRESO.
Neste enlace podes descargar en formato editable a solicitude de RENOVACIÓN.
Apertura.
Segundo as últimas novas da Xunta de Galicia, tanto as escolas infantís como puntos de atención á infancia non abrirán ata setembro. A medida que teñamos máis novas, iremos informando.
Convocaremos, ao longo de estos días, a todas as familias para realizar unha entrega do material persoal que se atopa na escola.