Punto de Atención á Infancia. Curso 2023/2024
10 Marzo 2023
Dende o luns 13 de marzo e ata o 31 de marzo de 2023, ambos incluídos, está aberto o prazo de preinscrición e renovación de matrícula para o curso escolar 2023-2024 no PAI “As Touliñas” do Concello de Cariño.
A documentación pode presentarse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/) ou no Departamento de Servizos Sociais, solicitando cita previa no teléfono 981 405 064 ou a través do servizo de cita previa da Sede Electrónica (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/cita/index.html).
Neste enlace podes ver o Decreto coa documentaciòn a aportar para a preinscrición.