ACTUALIDADE
“OUTONO” o novo espectáculo de PISTACATRO, este sábado en Cariño
04 Novembro 2017
Este sábado 9 de decembro, a partir das 19 horas, no Auditorio Municipal e con entrada gratuíta, poderemos desfrutar de “Outono”, o novo espectáculo de circo-clown-teatro e música en directo da compañía Pistacatro, Productora de Sonos.
Dita representación está incluida no circuito da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego da o seu mortal máis arriscado: OUTONO, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.
OUTONO é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.
OUTONO é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.
Dirección: Antón Coucheiro.
Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro “Pajarito” e Pablo Reboleiro
Duración: 65 minutos.
Espectáculo para tódolos públicos (idade recomendada a partir dos 4 anos en adiante).