ORDENANZAS

As ordenanzas municipais son normas de carácter legal aprobadas polo concello que se rexen no ámbito do termo municipal.

As ordenanzas municipais enmárcanse sempre nun contexto normativo máis amplo que emana do estado ou da comunidade autónoma, ao que desenvolve e concreta para a súa aplicación no municipio. Na xerarquía dos textos legais, ocupan o rango de nivel máis baixo, polo que non poden entrar en contradición con normas lexislativas autonómicas ou do estado.

O seu contido deber reflectir a lexislación que desenvolve e da que emana o resto do contido, os principios xerais, o articulado ordenado por ámbitos de actuación, un sistema sancionador se é necesario e disposicións finais para casos particulares ou a súa transición futura.

As ordenanzas fiscais comprenden a fixación e a xestión dos tributos de ámbito municipal, algúns dos cales, ao percibir a principio de ano, deben aprobarse -se é necesario- contando que a aprobación definitiva da modificación correspondente se vexa antes de fin do ano anterior.

A súa aprobación require a maiora absoluta dos membros da corporación e informes previos preceptivos (estudo de custos, de intervención, etc.).

Nesta ligazón podes consultar as ordenanzas e regulamentos en vigor do Concello de Cariño.