INFORMACIÓN PÚBLICA DO PLAN DE DESPREGAMENTO DA REDE DE FIBRA ÓPTICA (FTTH) EN CARIÑO
30 Marzo 2021
Presentada solicitude en data 17 de decembro de 2020, e documentación complementaria en data 15 de febreiro e 10 de marzo do 2021, pola entidade Orange España Telecomunicaciones Fijas SL de conformidade co disposto na Lei 9/2014, do 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións, un Plan de Despregamento de rede de fibra óptica (FTTH) en Cariño, sométese a información pública polo prazo de 20 días.
En data 23 de marzo de 2021 emitiuse informe polos servizos técnicos municipais. Así mesmo, en tanto o plan de despregue pretende actuacións sobre ámbitos sometidos a afeccións derivadas da normativa sectorial, trasladouse o expediente aos distintos órganos sectoriais para, con carácter previo ao acordo municipal de aprobación, obter as autorizacións, concesións administrativas ou informes sectoriais que sexan legalmente exixibles e permitan amparar ás citadas actuacións.
Con carácter xeral o inicio do cómputo do prazo de 20 días de exposición pública comezará a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Neste enlace podes ver o anuncio de información pública no BOP.
Neste enlace podes ver o Plan de Despregamento.